Cookies

Formación de Lingua de Signos Española (LSE)

O Servizo de Formación de Lingua de Signos da FAXPG ten como misión fomentar unha contorna accesible de comunicación interpersonal entre persoas xordas, con discapacidade auditiva, xordocegas e oíntes.

Máis de 25 anos ensinando Lingua de Signos Española

Con este obxectivo a FAXPG imparte, desde hai máis de 25 anos, unha ampla variedade de cursos de formación de Lingua de Signos adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) do Consello de Europa.

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), é a única entidade en Galicia que forma parte da Rede Estatal de Ensino de Lingua de Signos Española da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), garantindo a formación en Lingua de Signos con profesorado nativo signante con acreditada experiencia docente.

Cursos externos para entidades

Además dos cursos que impartimos de forma directa ás persoas interesadas, tamén ofrecemos cursos adaptados ás necesidades de entidades educativas, concellos, empresas, asociacións de veciños, etc., que queiran ofrecer formación de calidade en Lingua de Signos Española aos seus veciños, empregados, estudantes, etc. Contacta connosco e ofrecerémosche unha proposta a medida. E-mail: lsecursos@faxpg.es

Valor engadido de nosa Formación en LSE

A través da contratación dos cursos de lingua de signos da FAXPG, se contribúese ao desenvolvemento de programas e actividades de marcado valor social para a mellora da calidade de vida das persoas xordas:

  • Investimento do financiamento obtido en programas especializados na atención a persoas xordas no ámbito social, educativo e laboral.
  • Fomento do emprego das persoas xordas, como docentes nativos da LSE, facilitando por tanto a súa inclusión social e laboral.
  • Fomento de actitudes positivas cara á discapacidade, as persoas xordas en particular, e o achegamento á comunidade de persoas xordas.

Garantía de calidade e resultados

A FAXPG está acreditada co Modelo Europeo de Excelencia Empresarial (EFQM 400), garantindo procedementos exhaustivos de planificación, organización e avaliación dos seus servizos.

A satisfacción do noso alumnado aválanos. No exercicio 2023, os 823 alumnos e alumnas que participaron nos nosos cursos cualificáronnos moi positivamente. Estas son as súas valoracións:

Accesibilidad