Cookies

Preguntas frecuentes

Podo facer o curso cun móbil?

Aínda que nos esforzamos para que sexa cómodo acceder á nosa plataforma Signocampus desde un dispositivo móbil (smartphone ou tablet), os cursos de lingua de signos non deberían facerse desde un móbil.
Estes cursos teñen unha longa duración (a partir de 60 horas), as pantallas son interactivas, teñen unha gran cantidade de vídeos e utilízase a gravación de vídeos para traballar a destreza de expresión, todo o cal fai complicado estudar coa pequena pantalla dun móbil ata o punto de chegar a ser esgotador.
Se non tes un ordenador de sobremesa ou portátil, recomendamos que o curso se faga, como mínimo cunha Tablet de 10 polgadas. Consulta aquí os requisitos informáticos recomendados.

Tedes cursos do nivel C1 ó C2?

Non, os niveis C1 e C2 en calquera idioma xeralmente son de nivel universitario (Grao ou Posgraduado), xa que son niveis moi avanzados de dominio da lingua. Ademais, en España aínda non se adaptaron os currículos para estes niveis #de acordo con o Marco Europeo de Referencia para as Linguas.

Podo acceder directamente ao nivel A2, B1 ou B2?
É válido o certificado se fixen un curso con outra entidade?

Para promocionar de nivel é obrigatorio cursar o nivel anterior e presentar o certificado correspondente. Ese certificado, en principio, tería que estar homologado pola Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) porque así sabemos que contidos se adquiriron exactamente. En todo caso, aínda que non estea homologado pola CNSE valorarémolo.

Os cursos están homologados?

Os nosos cursos están homologados pola Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), entidade recoñecida a nivel nacional e con máis de 30 anos de experiencia no ensino da lingua de signos.

É posible convalidar os cursos por créditos en grados universitarios?

Nas universidades da Coruña (UDC) e Santiago (USC), sí, xa que temos un convenio que renovamos anualmente.

Para este curso están todas as xestións feitas pendentes de que as universidades nos den a confirmación definitiva.

É Santiago os créditos xestiónanse directamente coa Universidade de Santiago, hai que presentar alí ol diploma e eles indican o procedemento para seguir.
Pódese enviar un correo a sepiu.santiago@usc.es o u chamar ao teléfono do Servizo de Participación e Integración Universitaria, 881 812 859.

No caso da Coruña, débese contactar coa ADI, Unidade de Atención á Diversidade: adi@udc.es - 981 167 000 (etx. 5622)
Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa.
Edificio Xoana Capdevielle - 1º Andar. Campus Elviña s/n - 15071 - A Coruña

Puntúan en oposicións?

Para a obtención de titulacións oficiais no ámbito da formación regrada ten que ser a través das Escolas Oficiais de Idiomas, Ciclos Formativos ou Graos universitarios, polo que no referente á presentación de méritos para oposicións, os nosos cursos non están acreditados de maneira oficial, é dicir, non darían puntos por presentalos. Non obstante o mellor nestes casos é sempre realizar a consulta directamente no órgano que as convoca.

Os alumnos que participan nas nosas formacións habitualmente fano para complementar os estudos que xa teñen, por necesidades a nivel curricular, por utilizar a lingua de signos no seu traballo ou porque buscan un enriquecemento a nivel persoal.

Podo traballar de intérprete?

O feito de ter os nosos diplomas acreditativos non capacita para poder exercer a profesión de intérprete, para iso hai outro tipo de formacións reguladas, máis concretamente un grao universitario.

Como se estructuran os contidos do curso online?

Para os cursos a través da plataforma Signocampus (A1, A2 e B1), está en funcionamento as 24 horas do día ao longo de todo o curso, sábados, domingos e festivos incluídos.

A estrutura de contidos é modular, dividindo os cursos en unidades didácticas que contarán cunha presentación e un resumo de contidos e unha serie de test, tarefas e vídeos que o alumno terá que realizar e subir á plataforma. Para preparalas os horarios son libres, non é necesario conectarse a ningunha hora concreta, pero si hai un prazo determinado (por exemplo 10 días) para desenvolver cada unha das unidades didácticas.

Para os cursos de Nivel B2, que se realizan a través de Zoom, haberá un calendario de clases en liña que se realizarán no horario acordado. Os contidos son os correspondentes ao nivel, e iranse desenvolvendo ao longo do curso nas diferentes clases.

Como é o contacto co titor/a nos cursos online?

Para os cursos realizados a través da plataforma Signocampus non hai un horario prefixado de titorías, senón que a través da plataforma pódese enviar unha mensaxe de texto ou vídeo ao titor/a en calquera momento para trasladarlle unha consulta. Tamén revisará os materiais elaborados polo alumno/a e enviaralle as correccións que sexan necesarias.

Para os cursos realizados a través de Zoom, o contacto co profesor realízase durante as propias clases en liña

Canto tempo podo acceder á plataforma de formación online?

O acceso á plataforma é libre e ilimitado durante o tempo que dure o curso.

Teño un curso de Nivel A1.1 ou Nivel A1, como podo continuar coa miña formación?

As persoas que xa participaron en cursos de Nivel A1.1 ou A1 connosco, poden continuar a súa formación ata cursar o primeiro nivel completo segundo o MCER, que neste caso sería o Nivel A1-A2. Non será necesario que volvan cursar a parte que xa realizaron, senón que por exemplo unha persoa que xa teña o Nivel A1, poderá acceder ao curso no momento que se inicien os contidos do Nivel A2, e ao finalizar, xa obtería o título co Nivel A1-A2 completo.

      Imprimir
Accesibilidad