Cookies

Os nosos cursos

Somos a única entidade en Galicia que forma parte de A Rede Estatal de Ensino de Lingua de Signos Española da Confederación Estatal de Personas Sordas (CNSE), garantizando a formación en Lingua de Signos con profesorado nativo signante con acreditada experiencia docente.

Estas son as modalidades de formación en Lingua de Signos que ofrecemos:

Os cursos presenciais impártense nas principais cidades de Galicia: A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Se queres máis información sobre calquera dos nosos cursos, podes contactar coa nosa área de Formación en LSE a través do email lsecursos@faxpg.es



Suscribete


Por que aprender Lingua de Signos?

  • Porque podes mellorar a túa formación e ampliar o teu currículo aprendendo unha nova lingua.
  • Porque podes aprender a comunicarche coas persoas xordas, contribuíndo a eliminar así as barreiras de comunicación que afectan a este colectivo.
  • Porque pode serche útil na túa vida profesional e persoal.

Por que aprender Lingua de Signos coa FAXPG?

  • Porque somos a entidade de referencia para as persoas xordas signantes da Comunidade Autónoma de Galicia, con máis de 30 anos de experiencia na prestación de servizos de calidade para persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva de Galicia e as súas familias.
  • Porque nosos cursos están homologados pola CNSE (Confederación Estatal de Personas Sordas) que é a máxima entidade representativa das persoas xordas no Estado, e adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas ( MCER) do Consello de Europa.
  • Porque o noso profesorado nativo está formado por persoas xordas con titulación recoñecida oficialmente a nivel autonómico e estatal, e con experiencia profesional na docencia da Lingua de Signos Española.
  • Porque contamos con máis de 25 anos de experiencia na formación en Lingua de Signos Española.

Garantía de calidade e resultados

A satisfacción do noso alumnado aválanos. No exercicio 2024, os 762 alumnos e alumnas que participaron nos nosos cursos cualificáronnos moi positivamente. Estas son as súas valoracións:


Banner Signoxogos

Xoga cada mes aprendendo e practicando vocabulario en Lingua de Signos Española!


Banner Signos Concellos

Consulta os signos dos diferentes concellos galegos.


Banner Signos basicos

Descubre os nosos vídeos para aprender signos básicos en Lingua de Signos Española.

      Imprimir
Accesibilidad