Cookies

Educación

Unha das principais preocupacións da FAXPG é mellorar a atención educativa aos nenos xordos e atender ás súas familias. A educación do colectivo de persoas xordas é un proceso no que deben ir da man todos os axentes implicados no mesmo: alumnos, familia, profesionais, recursos externos, etc.

Por este motivo, desde a FAXPG apostamos por unha educación de calidade, ofrecendo apoio en todos os ámbitos relacionados para que as persoas xordas poidan acceder a unha formación adaptada ás súas necesidades.

Servizos para o alumnado, familias e profesionais da educación

  • Atención, orientación e asesoramento a familias con membros xordos en aspectos relativos á educación dos seus fillos, establecemento de normas, escolarización, etc.
  • Talleres e actividades para familias: de lingua de signos, talleres formativos, organización de actividades de lecer e tempo libre, etc.
  • Clases de apoio para o alumnado xordo escolarizado e formación adaptada para persoas xordas adultas.
  • Orientación e formación ao profesorado de centros educativos sobre a integración na aula do alumnado xordo e os recursos para traballar con este colectivo: cursos de lingua de signos, participación en xornadas, seminarios, grupos de traballo, etc.
  • Actividades de formación, difusión e sensibilización sobre as persoas xordas e a lingua de signos en centros educativos e outras entidades públicas e privadas.

 

Accesibilidad