Servizo de Emprego
Somos centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia e Axencia de Colocación recoñecida polo Servizo Público de Emprego ( SEPE) co número de autorización 12 00000009.
Os nosos obxectivos son:
- Mellorar a empleabilidad das persoas xordas e apoio ao emprendemento.
- Xestionar a intermediación laboral no mercado laboral ordinario.
- Ofrecer asesoramento á contratación de persoas xordas para as empresas e medidas alternativas á contratación.
Onde atoparnos
Dispoñemos de Centros de Orientación nas Axencias FAXPG da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo e Ourense.
Tamén podes atoparnos a través das redes sociais:
https://www.facebook.com/empleofaxpg/
Os nosos servizos
Servizos de atención ao DEMANDANTE DE EMPREGO CON DISCAPACIDADE AUDITIVA
- Entrevistas personalizadas para coñecer o perfil-ocupacional do demandante de emprego.
- Deseño de itinerarios de inserción laboral.
- Información e orientación profesional para o emprego.
- Asesoramento sobre o proceso de recoñecemento das competencias por experiencia. laboral e sobre a oferta de accións de formación profesional para o emprego.
- Preparación das entrevistas de traballo.
- Accións formativas, individuais e grupales, co fin de mellorar a empleabilidad das persoas demandantes de emprego.
- Asesoramento sobre emprendemento e autoemprego.
Servizos de atención a EMPRESAS
- Asesoramento sobre as subvencións e bonificacións á contratación.
- Selección dos candidatos máis axustados á oferta solicitada.
- Xestión das entrevistas de traballo con Intérprete de LSE.
- Asesoramento no proceso de integración da persoa xorda na empresa.
Medidas alternativas á contratación de persoas con discapacidade
Doazón ou accións de patrocinio de carácter monetario, por importe anual mínimo de 1,5 veces o IPREM por cada traballador/a con discapacidade deixado de contratar por baixo do 2%. Realizamos todos os trámites necesarios para todas aquelas empresas que opten pola aplicación desta medida alternativa. Para iso é necesario solicitar a declaración de excepcionalidade con carácter previo á adopción desta medida.
Servizos de axuste persoal e social a Centros Especiais de Emprego
Deseño e xestión de actividades en función das diferentes necesidades de cada traballador con discapacidade (física, psíquica ou sensorial) do CEE. A carteira de servizos de axuste persoal e social abarca diferentes programas, entre eles relacionados co tránsito ao emprego ordinario, lecer e tempo libre, cultural e deportivo, programas terapéuticos e de rehabilitación.