Glosario de termos
- FAXPG: Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia.
- LSE: Lingua de Signos Española.
- SILSE-GI: Servizo de Intérpretes de Lingua de Signos Española e Guías-Intérpretes de Persoas Xordocegas.
- Persoa xorda (PX): Aquela que, independentemente do seu grao de perda auditiva ten dificultades de recepción e emisión de mensaxes a través dos medios e sistemas de comunicación auditivo/orais, ten como lingua natural a Lingua de Signos Española e, por tanto, é usuaria da mesma.
- Persoas con xordocegueira (PXC): Son aquelas persoas cunha deterioración combinada da vista e o oído que dificulta o seu acceso á información, á comunicación e á mobilidade. Esta discapacidade afecta gravemente as habilidades diarias necesarias para unha vida minimamente autónoma, require servizos especializados, persoal especificamente formado para a súa atención e métodos especiais de comunicación.
- Barreira de Comunicación (BC): É todo aquel impedimento para a expresión e recepción de mensaxes a través dos medios ou sistemas de comunicación”. Son obstáculos, trabas ou impedimentos que dificultan o acceso e comunicación das persoas que teñen limitada, temporal ou permanentemente, a súa capacidade de relacionarse coa contorna mediante a audición e a lingua oral. Estas barreiras son moito menos visibles e máis difíciles de percibir que as arquitectónicas, pero non por iso o seu efecto é menos contundente.
- Intérprete de Lingua de Signos Española (ILSE): Profesional que interpreta e traduce a información da lingua de signos á lingua oral e escrita e viceversa co fin de asegurar a comunicación entre as persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas, que sexan usuarias desta lingua, e a súa contorna social.
- Guía-Intérprete de Persoas con Xordocegueira (GI): Profesional que desempeña a función de intérprete e guía da persoa xordocega, realizando as adaptacións necesarias, servíndolle de nexo coa contorna e facilitando a súa participación en igualdade de condicións.
- Mediador da comunicación (MC): Defínese como mediador da comunicación a aquela persoa que, tendo amplos coñecementos da Lingua de Signos Española e de diversos códigos de comunicación básicos, pode actuar como intermediario entre o intérprete de Lingua de Signos Española e unha persoa xorda con dificultades de comunicación na devandita lingua ou que utilice outra Lingua de Signos distinta á española, co fin de posibilitar a comunicación con outros interlocutores. Tamén ten como función desenvolver a capacidade de comunicación e as habilidades de xestión autónoma das persoas sordociegas ou persoas xordas en situación de exclusión social.
- Sistema de Signos Internacional (SSI): forma de comunicación viso- xestual que, grazas á súa flexibilidade, admite variacións sempre válidas cando conseguen o seu obxectivo primordial: facer posible unha comunicación fluída entre dúas ou máis persoas que non utilizan a súa propia lingua de signos. Trátase de facilitar a comunicación en momentos puntuais, con léxico moi flexible e que depende directamente do contexto.
- Especialista en LSE: Persoa, nativa en LSE, con formación ocupacional específica para impartir clases de Lingua de Signos Española como segunda lingua.
- ADECOSOR: Axente de Desenvolvemento da Comunidade Xorda.