Cookies

Accesibilidade

O noso Servizo de Accesibilidade ofrece a administracións públicas e empresas privadas ferramentas para que poidan facer accesibles ás persoas xordas, xordocegas ou con discapacidade auditiva a súa información e servizos de atención ao público.

Estas son algunhas das vantaxes da accesibilidade:

  • Chegarás a máis xente. Grazas á adaptación, as persoas xordas poderán acceder ás túas mensaxes e comunicarse comodamente coa túa entidade.
  • Mostrarás compromiso coa discapacidade, o que repercutirá positivamente na imaxe da túa entidade.

En que che podemos axudar

  • Vídeos

Subtitulamos e adaptamos a lingua de signos contidos de calquera tipo: vídeos promocionais, informativos, titoriais, etc.

  • Páxinas web

Revisamos e preparamos a información da túa páxina para facela 100% accesible para persoas xordas.

  • Signoguías

Adaptamos a lingua de signos guías para museos, entidades turísticas, etc.

  • Videointerpretación

Nos servizos de atención a usuarios, eliminamos as barreiras de comunicación entre persoas xordas e oíntes a través da videointerpretación.

Como funciona a videointerpretación?

A través dunha plataforma online, ponse en contacto a persoas xordas e oíntes cun Centro de Videointerpretación desde o cal un Intérprete en remoto traduce a conversión a ambas as partes. Pódese implementar de dúas formas:

  • A distancia, integrando na túa páxina web un acceso á plataforma para que as persoas xordas poidan contactar coa túa entidade vendo ao Intérprete de LSE desde o seu computador, tablet ou teléfono móbil.
  • Presencial, contando con pantallas ou tablets nos teus puntos de atención ao cliente para que desde aí a persoa xorda e o persoal de atención poidan ver e escoitar ao Intérprete a distancia.

Experiencia e coñecemento da Lingua de Signos Española

O noso equipo de accesibilidade está composto por persoas xordas e oíntes que dominan a LSE e a edición audiovisual. Ninguén mellor que nós para asegurar unha adaptación de calidade para calquera contido.

Podes solicitarnos información sen compromiso a través do email: accesibilidad@faxpg.es

Accesibilidad