Cookies

Convocatorias públicas en LSE

Subvencionado pola Xunta de Galicia – Consellería de Política Social

INFORMACIÓN SAPS - 2026

AXUDAS ECONÓMICAS PARA MULLERES, NENAS E NENOS VÍTIMAS DE VIOLENCIAS SEXUAIS

 
Que é?: Unha axuda específica destinada ás vítimas de violencias sexuais.
 
Persoas  beneficiarias:
- Ser muller, nena ou neno vítima de violencia sexual.
- Estar empadroada e vivir en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ingresos mensuais que non superen o salario mínimo interprofesional (SMI).
- Ter acreditada a condición de vítima de violencia sexual.
 
Prazo de solicitude: ata o 30 de outubro de 2026.
 

SUBVENCIÓNS PARA A COMPRA DE VIVENDAS EN CONCELLOS DE GALICIA CON POBOACIÓN RESIDENTE IGUAL OU INFERIOR A 10.000 HABITANTES

 
Que é?: Axuda para facilitar a compra dunha vivenda a persoas mozas en concellos de 10.000 ou menos habitantes.
 
Persoas  beneficiarias:
- Ter menos de 26 anos no momento de solicitar la axuda.
- Ter nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espacio Económico Europeo ou Suiza.
- Ingresos anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 4,5 veces el IPREM.
- Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou con dereito de uso dalgunha vivenda en territorio español.
- Ter un contrato privado ou unha escritura pública de compra dunha vivenda que cumpra os requisitos sinalados nestas bases.
 
Prazo de solicitude: do 27 de agosto ao 16 de novembro de 2026.
 

BONO CONCILIA FAMILIA PARA CONCILIACIÓN EN SITUACIÓNS PUNTUAIS E EN PERIODOS DE VACACIÓNS ESCOLARES

 
Que é?: Axudas económicas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia e nados entre o 1 de xaneiro de 2013 e o 31 de decembro de 2022, para conciliar en casos puntuais ou en vacacións escolares.
 
Persoas beneficiarias:
Nais, pais ou titoras de nenos e nenas nacidos entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022.
Residir na comunidade autónoma de Galicia.
Para solicitudes por enfermedade ou accidente do neno ou nena e/o por necesidades en períodos de vacacións escolares, as persoas responsables deben estar a traballar.
 
Prazo de solicitude: do 9 de setembro ao 9 de outubro do 2026.
 

PROBAS DE AVALUACIÓN PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (ComDix)

 
Que é?: Convocatoria das probas para obter o certificado galego de competencias dixitais. Son de xeito presencial nas aulas da Rede CeMIT.
 
Datas das probas:
  • Nivel iniciación: 2, 3 e 4 de decembro de 2026.
  • Nivel intermedio: 7, 8, 9, 14, 15 e 16 de outubro de 2026.
 
Persoas beneficiarias:
- Ter 16 anos.
- Inscribirse na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización de cada prazo.
 
Prazos de inscrición:
  • Nivel iniciación: Do 26 de outubro ao 4 de novembro.
  • Nivel intermedio: Do 2 ao 11 de setembro.

BECAS DA FUNDACIÓN UNIVERSIA PARA ALUMNADO CON DISCAPACIDADE

 
Que é?: Trescentas becas de 1.000 euros para promover unha educación inclusiva e en igualdade de oportunidades.
 
Persoas beneficiarias:
- Acreditar unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Ser usuario/a na plataforma de Santander Open Academy https://www.santanderopenacademy.com/
 
Prazo de solicitude: ata o 28 de setembro de 2026.
 
Ligazón: https://www.fundacionuniversia.net/es/becas-cursos/universidad-fp-discapacidad.html

BONO CULTURAL MOZO

 
Que é?: Axuda directa de 400 euros a quen cumpren 18 anos para adquirir e disfrutar de productos e actividades culturais e creativas.
 
Persoas beneficiarias:
- Persoas que cumpran os 18 anos no ano 2026.
- Posuír a nacionalidade española ou residencia legal en España no momento de presentación da solicitude.
 
Prazo de solicitude: Desde 22 de xuño ata as 23:59 horas de 31 de outubro de 2026.
 
Ligazón: https://bonoculturajoven.gob.es

VERÁN MOZO 2026

 
Que é?: Descontos para a mocidade en transporte público para viaxar por España e Europa entre o 1 de xullo e o 30 de setembro de 2026.
 
Persoas beneficiarias:
- Persoas nadas entre o 1 de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro de 2008 (18 a 30 anos).
- Ter nacionalidade española ou residencia legal en España.
- Rexistrarse na web do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible.
 
Prazo de solicitude: Ábrese próximamente (xuño)
 
Ligazón: https://www.transportes.gob.es/transporte-terrestre/bonificaciones-transporte-2026/verano-joven

PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2026-2030: AXUDAS DE ACCESIBILIDADE

 
Que é?: Axudas para financiar obras para mellorar a accesibilidade en vivendas de persoas con discapacidade.
  • Timbres luminosos.
  • Alarmas con luz ou vibración.
  • Videoporteros con imaxe.
  • Sistemas de aviso visual ou domótica.
  • Eliminación de barreiras na vivenda.
Persoas beneficiarias: Persoas propietarias dunha vivenda e con grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
 
Prazo de solicitude: Duración do Plan: do ano 2026 ao ano 2030.
 

AXUDA PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2026-2027

 
Que é?: Axudas directas para o alumnado que requira determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas da súa discapacidade.
 
Persoas beneficiarias:
  • Non superar ingresos económicos.
  • Ter necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade.
  • Estudar nun centro específico, nunha unidade de educación especial ou nun centro ordinario que escolarice alumnos que presenten necesidade específica de apoio educativo.
Prazo de solicitude: do 19 de maio ao 10 de setembro de 2026.
 

PROGRAMA DE AXUDAS PARA A COMPRA DE VIVENDA NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O AÑO 2026

 
Que é?: Axudas económicas para a compra de vivenda de dous tipos:
  • Vivendas situadas nun centro histórico.
  • Vivendas protexidas de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado.
Persoas beneficiarias:
  • Nacionalidade española, de países europeos ou con residencia legal en España.
  • Ter un contrato ou escritura da compra da vivenda e que cumpra os requisitos.
  • Estar empadroada na vivenda comprada.
  • Cumprir os requisitos de ingresos económicos.
  • Non ser propietaria ou ter dereito a uso dunha vivenda en territorio español.
Prazo de solicitude: ata o 15 de outubro de 2026.
 

ADJUDICACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DA AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS PARA O CURSO 2026/2027

 
Que é?: Solicitudes de novo ingreso e de renovación de praza nas escolas infantiís (0-3 anos) da Axencia Galega de Servizos Sociais.
 
Persoas beneficiarias:
- Que o neno ou a nena xa nacese no momento de presentación da solicitude  e teña a súa residencia en Galicia.
- Idade mínima de 3 meses na data de ingreso na escola infantil e non cumprise os 3 anos o 31 de decembro de 2026.
- Non ter débedas coas escolas infantís.
 

DEDUCCIÓN FISCAL NO IMPOSTO DA RENDA (IRPF 2025) POR COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR NO ÁMBITO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

 
Que é?: Deducción na declaración da renda ao presentar facturas deste material escolar:
  • Cadernos de actividades/cadernos/blocs/cartafoles/arquivadores e papel de uso escolar.
  • Instrumentos de escritura: bolígrafos, lapis, rotuladores, gomas, afia lapis, regras, compases, escuadros e cartabóns.
  • Material de debuxo e manualidades: pinturas, pinceis, plastilina, tesoiras escolares, cola.
  • Mochilas e estoxos.
  • Libros de lectura establecidos polo centro educativo.
  • Diccionarios.
  • Material escolar deportivo: roupa e calzado deportivo educación física.
O límite de gasto deducible é dun máximo de 300€ en material escolar e 150€ en material deportivo. 
 
Persoas  beneficiarias:
  • Familias de alumnado de educación primaria, secundaria obligatoria (ESO) e educación especial impartidos en centros públicos.
  • Non deben ser beneficiarias da participación no fondo solidario de libros de texto e/o da percepción de axudas públicas para a adquisición de libros de texto e material escolar.
  • Os ingresos familiares non poderán ser iguais ou maiores de 30.000 € por persoa.

AXUDAS SOCIAIS DE CARACTER EXTRAORDINARIO, A FAVOR DE PENSIONISTAS DE XUBILACIÓN E INCAPACIDAD NON CONTRIBUTIVA E SUBSIDIO DE GARANTÍA DE INGRESOS MÍNIMOS

 
Que é?: Axuda de 218 euros, que se pagarán mediante un pago único, que se realizará de oficio, non é necesario solicitude da persoa beneficiaria.
 
Persoas beneficiarias: Persoas que cobran pensións non contributivas e subsidio de garantía de ingresos mínimos.
 

AVAIS PARA ADQUISICIÓN DE VIVENDA

 
Que é?: Cobertura económica temporal, de carácter persoal, para a compra da primeira vivenda por persoas menores de 36 anos ou sen límite de idade se é vivenda de protección autonómica.
 
Persoas  beneficiarias:
- Nacionalidade española ou de estados membros da Unión Europea ou residencia legal en España.
- Maior de idade.
- Estar empadroada/s en Galicia.
- Que a persoa solicitante dispoña duns ingresos mínimos de 2 veces o IPREM e uns ingresos máximos de 5,5 veces o IPREM.
 
Prazo de solicitude: do 12 de marzo ao 30 de outubro de 2026.
 

TARJETA BENVIDA

 
Que é?: Axuda económica a través desta tarxeta nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2026.
 
Persoas beneficiarias:
- Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia con DNI ou NIE.
- Atoparse na semana 21 ou posterior de xestación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
- Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
- Ter a adopción, acollemento familiar permanente ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun ou máis menores de ata tres anos de idade entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2026.
 
Prazo de solicitude: Dous meses, contados desde o día seguinte do nacemento, adopción, ou garda. Muller embarazada: calquiera momento do ano 2026 sempre que supere as 21 semanas de xestación.
 

AXUDAS ECONÓMICAS PARA O ALUMNADO QUE REALIZA FORMACIÓN EN EMPRESAS DE MATERIAS INCLUIDAS EN CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

 
Que é?: Axudas económicas para a realización de formación en empresas (FP).
 
Persoas beneficiarias:
  • Estar ou estar matriculada nun centro público de Galicia ou nun centro concertado coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, durante o ano 2026.
  • Realizar prácticas en empresas ou entidades colaboradoras, entre setembro de 2025 e decembro de 2026.
  • Finalizar completamente o período de formación práctica antes do 31 de decembro de 2026.
Dous prazos de solicitude:
  • Do 30 de xaneiro ao 30 de xuño de 2026.
  • Do 13 de outubro ao 13 de novembro de 2026.
Ligazón: www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260129/AnuncioG0761-120126-0001_gl.pdf

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS

 
Que é?: Axudas sociais puntuais a persoas galegas con escasos recursos económicos para axudar a facer frente aos gastos do seu retorno a Galicia.
 
Personas beneficiarias:
  • Persoas con nacionalidade española, galegas e nadas en Galicia e seus cónxuxes o parejas.
  • Las descendientes por consanguinidad.
  • Estar empadronadas y tener residencia en un ayuntamiento de la Comunidad Autónoma de Galicia.
  • Que la fecha de retorno a España sea a partir del 1 de enero de 2024 (incluido).
  • Carecer de recursos suficientes en la unidad familiar.
Prazo de solicitude: do 4 de febreiro ao 30 de setembro de 2026.
 

AXUDA ECONÓMICA E INDEMNIZACIÓN PARA MULLERES VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

 
Que é?: 
- Axudas económicas para apoiar a mulleres que sofren violencia de xénero.
- Axudas polos danos e perdas como consecuencia da situación de violencia, fixadas por sentenza judicial e que o obrigado a satisfacelas, o agresor, non pode por ser insolvente.
 
Persoas beneficiarias:
  • Muller vítima de violencia de xénero.
  • Estar empadroada e residir en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter permiso de residencia e de trabajo.
  • Non vivir co o agresor.
  • Ter especiais dificultades para obter un emprego, que se acreditará a través dun informe do Servizo Público de Emprego.
  • Ingresos por baixo do 75% do SMI vixente.
Prazo de solicitude: desde o 2 de febreiro ata o 27 de novembro de 2026.
 
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260126/AnuncioG0762-050126-0001_gl.html

TALENTO FEMENINO: CONVOCATORIA ABIERTA PARA DAR VISIBILIDAD A MUJERES PROFESIONALES

 
Que é?: Iniciativa destinada a dar maior visibilidade ás mulleres profesionais de Galicia de calquera ámbito a través da súa participación en mesas redondas, entrevistas, etc., nas que poidan compartir a súa experiencia profesional.
 
Persoas beneficiarias: Pode presentar a súa candidatura calquera muller profesional, de calquera ámbito.
 

AXUDAS PARA FILLAS E HIJOS MENORES DE 30 ANOS DAS VÍTIMAS MORTAIS POR VIOLENCIA DE XÉNERO E A MULLERES GRAVEMENTE FERIDAS POR AGRESIÓNS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

 
Que é?: 
  1. Axudas económicas para as fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero.
  2. Axudas para as mulleres feridas gravemente, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.
  3. Axudas para gastos de traslado, repatriación, funeral, inhumación e/o incineración das mulleres e dos seus fillos e fillas vítimas mortais por violencia de xénero.
 
Persoas beneficiarias:
  • Cada unha das fillas e fillos da vítima mortal de violencia de xénero, menores de idade ou maiores de idade ata 30 anos. Estar empadroadas en calquera dos municipios da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Mulleres, maiores de idade vítimas de violencia de xénero, que residan en calquiera municipio de Galicia. En situación de precariedade económica.
  • Familiares, ascendentes e descendentes en 1º ou 2º grao de consanguinidade das mulleres vítimas mortais.
Prazo de solicitude: ata o 1 de decembro de 2026.
 

TERMALISMO SOCIAL PROVINCIAL DE OURENSE 2026

 
Que é?: Subvencións destinadas a fomentar o lecer saludable nos balnearios da provincia de Ourense.
  • Distintas modalidades: Programa de termalismo saudable/Programa de cultura termal/ Programa de respiro termal/ Programa Termal Contra a Soidade Non Desexada e outras situacións sociais / Programa termalismo inclusivo.
Persoas  beneficiarias: Consultade requisitos, son diferentes dependendo do programa. Consultade en SAPS.
 
As solicitudes débense facer de forma telemática, a través de la dirección electrónica https://www.termalismourense.com/, rexistrándose estas ante o Rexistro Electrónico xeneral da Deputación de Ourense. 
 
Prazo de solicitude: desde o 7 de xaneiro ata que se termine o diñeiro da subvención.
 

PROGRAMA DE AXUDAS DE REHABILITACIÓN DE VIVENDAS NO RURAL

 
Que é?: Axuda  para obras de rehabilitación, terminación e/o ampliación que se realicen en vivendas situadas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes.
 
Persoas beneficiarias:
  • Propietarias  de  vivenda situada nun Concello da Comunidade Autónoma de Galicia con menos de 5.000 habitantes.
  • Deben dedicar a vivenda a residencia habitual e permanente ou a algueiro durante polo menos cinco años.
Prazo de solicitude: Ata o 1 de setembro de 2026.
 

VACACIONES IMSERSO - CNSE

 
Que é?: Programa de vacacións en tres quendas.
 
Primeira quenda: do 19 ao 24 de abril de 2026. Lugar: Fuengirola (Málaga).
 
Persoas beneficiarias:
  • Ser pensionista de xubilación do sistema de Seguridade Social español.
  • Ser pensionista viuvez (55 anos ou máis) do sistema de Seguridade Social español.
  • Ser pensionista da Seguridade Social española por outras pensións (60 anos ou máis).
  • Ter certificado de discapacidade.
Prazo de solicitude: do 8 ao 29 de xaneiro de 2026.
        Segunda quenda: do 4 ao 9 de outubro en Gijón (Asturias)
        Terceira quenda: do 18 ao 23 de outubro en Gijón (Asturias)
        (en abril darase máis información)

PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

 
Que é?: Axudas para dar apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero que tentan garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor.
 
Persoas  beneficiarias:
- Muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e dependencia económica de seu agresor.
- Estar empadroada e vivir na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Non convivir co agresor.
- Ter certificado de víctima de violencia de xénero emitido dentro dos doce meses anteriores á solicitude da axuda.
- Non ter recursos económicos ou que sexan insuficientes para ser independente.
 
Prazo de solicitude: Ata o 31 de decembro de 2026.
 

PLAN RENOVA O TEU VEHÍCULO

 
Que é?: Subvencións para a adquisición no ano 2026 de vehículos do Plan Renova tu vehículo por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos.
 
As solicitudes presentaranse a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras.
 
Persoas  beneficiarias:
- Persoas con residencia habitual na Comunidade autónoma de Galicia.
- Empresas ou autónomos con domicilio social en Galicia.
 
Prazo de solicitude: do 22 de xaneiro ao 30 de setembro de 2026.
 
Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251223/AnuncioG0474-051225-0001_es.pdf
 
      Imprimir
Accesibilidad