Servizo de Intérpretes de LSE e Guias Intérpretes (SILSE-GI)
A través do noso Servizo de Intérpretes facilitamos a comunicación entre as persoas xordas/ xordocegas e oíntes que o necesiten.
Nunha situación de comunicación entre persoas oíntes e persoas xordas/ sordociegas, a presenza dun intérprete de Lingua de Signos Española permite manter unha correcta comunicación, da mesma forma que o fan os tradutores de linguas orais en situacións onde os intervenientes non comparten a mesma lingua.
Coas persoas xordocegas, o intérprete realiza ademais funcións de guía e descrición do que sucede na contorna.
Condicións do servizo
Trátase dun servizo que ofrecemos gratuitamente para a cobertura de servizos básicos da vida diaria, puntuais e individuais por exemplo consultas médicas, laborais, educativas, legais ou comerciais entre outras.
Pode solicitalo calquera persoa física ou xurídica que o necesite.
O horario do servizo é o seguinte


Para necesidades que non se axustan ás condicións descritas, pódese solicitar un orzamento sen compromiso na mesma dirección de email ou directamente no formulario de solicitude de orzamento.
Como solicitalo
Presencialmente: A través da Axencia FAXPG máis próxima.
Por videochamada en LSE a través do contacto directo co SILSE-GI de cada Axencia FAXPG:
Contacto SILSE Axencias
Por WhatsApp: Ao 672 012 222
Por correo electrónico: solicitudsilse@faxpg.es
Na nosa web: A través deste formulario
Horario de atención a solicitudes:

Datos a incluir na solicitude:
- Datos do solicitante:
- Nome e apelidos / nome da entidade (en caso de ser persoa xurídica).
- NIF / CIF.
- Datos do servizo:
- Data do servizo
- Hora.
- Dirección (rúa, nº, cidade e provincia).
- Entidade á que se acode
- Tema do servizo e tipo de xestión/consulta
- Máis servizos a continuación se son necesarios (chamadas ou outros).




