Servizo de Intérpretes de LSE e Guías Intérpretes (SILSE-GI)
Nunha situación de comunicación entre persoas oíntes e persoas xordas/ sordociegas, a presenza dun intérprete de Lingua de Signos Española permite manter unha correcta comunicación, da mesma forma que o fan os tradutores de linguas orais en situacións onde os intervenientes non comparten a mesma lingua.
Coas persoas sordociegas, o intérprete realiza ademais funcións de guía e descrición do que sucede na contorna.
Prestamos servizo en toda Galicia, podendo desprazarse os intérpretes a calquera lugar localidade. Ademais, o noso persoal de profesionais está formada só por Intérpretes titulados que ademais da Lingua de Signos Española, dominan tanto o castelán como o galego.
Solicítanos orzamento
Necesitas un Intérprete de Lingua de Signos Española para un evento, formación, actividade, reunión, etc.? Solicítanos un orzamento sen compromiso escribíndonos a solicitudsilse@faxpg.es cos seguintes datos:
- Datos del servizo:
Data; hora; duración aproximada; dirección completa (rúa, nº e localidade); tema do servizo, achegando se é o caso un breve guión ou contido.
- Datos fiscais:
Razón social; CIF; domicilio fiscal.
Nun prazo de 24 horas laborais recibirás o orzamento.
Lembra que como somos unha entidade sen ánimo de lucro, os beneficios deste servizo redundan no colectivo das persoas xordas.