Cookies

Atención Psicolóxica

Unha atención psicolóxica especializada e adaptada ás necesidades comunicativas das persoas xordas é fundamental para coidar da súa saúde mental cando xorde calquera situación que requira de intervención.

Ademais da persoas xordas adultas, atendemos tamén ás familias que reciben a un novo membro xordo/a. O nacemento dun fillo/a con discapacidade auditiva pode supoñer, sobre todo nos primeiros momentos, un forte impacto emocional que implica, entre outras dificultades, a de aceptar a xordeira do neno/a. Por este motivo contamos con psicólogos especializados que acompañan ás familias para lograr o equilibrio emocional e a aceptación da xordeira ao longo de todo o proceso de intervención e rehabilitación.

 

Accesibilidad