Logopedia
Apostamos por que os nenos/ as con discapacidade auditiva poidan desenvolver plenamente as súas capacidades lingüísticas, permitíndolles acceder á súa contorna a través dunha comunicación plena. Por iso contamos cun servizo de logopedia gratuíto, destinado a mellorar as capacidades comunicativas destes menores.
O noso servizo está orientado preferentemente a nenos/ as de 0 a 6 anos con discapacidade auditiva, que utilizan diversas axudas técnicas para mellorar a súa audición e fala, como audífonos e implantes cocleares.
Contamos, ademais, con ampla experiencia na atención a persoas xordas e a familias con membros xordos, con discapacidade auditiva e xordocegos.
Servizos
- Intervención logopédica individualizada, a través de profesionais expertos nas implicacións da xordeira, con amplos coñecementos sobre a lingua de signos e a súa utilidade no proceso de adquisición da lingua oral.
- Talleres formativos para pais e nais.
En Vigo: Nº de Rexistro Sanitario: C-36-003229
En A Coruña: Nº de Rexistro Sanitario: C-15-003267