Cookies

Definición de LSE

A Lingua de Signos é o medio de comunicación natural e principal das Persoas Xordas. Estas son as súas características:

  • É unha lingua viso- gestual baseada no uso das mans, das expresións do rostro e movementos específicos do corpo.
  • É unha lingua baseada no uso do espazo, a simultaneidade e a iconicidad nun alto grao de semellanza.
  • O alfabeto manual ( dactilológico) non é unha lingua en si, senón que é un instrumento de comunicación que pertence á Lingua de Signos.
  • As Linguas de Signos non teñen o mesmo vocabulario e sintaxe que as orais utilizadas na mesma área xeográfica. Isto débese a que as Linguas de Signos son linguas independentes das orais.

A Lingua de Signos non é universal, senón que do mesmo xeito que ocorre coas diferentes linguas orais, as persoas xordas de distintas partes do mundo teñen a súa propia Lingua de Signos nativa. Por tanto, existe a Lingua de Signos Francesa, Lingua de Signos Alemá, Lingua de Signos China, etc.

En España existen dúas Linguas de Signos recoñecidas oficialmente: a Lingua de Signos Española ( LSE) e a Lingua de Signos Catalá (LSC).

Desde os anos sesenta, grazas a William Stokoe, as investigacións lingüísticas son cada vez máis numerosas e viñeron demostrando que as Linguas de Signos presentan unha organización léxica e unha serie de regras de tipo gramatical propias, baseadas no uso do espazo, ademais de cumprir con todas as características que as definen como linguas propiamente ditas.

Os primeiros estudos e investigacións en España realizáronse a partir de 1992, levados a cabo por Mª Ángeles Rodríguez González e Irma Mª Muñoz Baell.

      Imprimir
Accesibilidad