Cookies

Novas

Cursos de Lingua de Signos Española 2026/2027: abrimos inscricións!

Formación de LSE

17/06/2026

Queres aprender Lingua de Signos Española? Xa podes matricularte nos cursos que impartiremos a partir de setembro en diferentes niveis e modalidades: presencial e en liña!
 
En modalidade en liña ofreceremos os seguintes cursos:
- Nivel A1.2, de 30 horas
- Nivel A1-A2, de 150 horas
- Nivel B1.1, de 60 horas
 
Todos os cursos en liña impartirémolos a través da plataforma Signocampus dispoñible as 24 horas, sen horarios.
 
En canto á modalidade presencial, ofreceremos cursos de Nivel A1 nas 7 cidades de Galicia, tanto en horario de mañá como de tarde.
 
Ademais, como novidade este ano, volveremos impartir o curso de Nivel B1.1 en modalidade presencial, polo momento nas cidades da Coruña e Vigo. Desta forma, as persoas que xa teñen o nivel A2 e queiran continuar a súa formación, terán opción de facelo tanto de forma en liña como presencial.
 
Todas as clases presenciais terán unha duración de 2 horas e media, con dúas sesións por semana. Xunto a esta noticia atoparedes as follas informativas con todos os detalles: prezos, lugares de impartición, horarios, calendario lectivo, etc., e tamén as ligazóns para a inscrición, que poderedes facer en liña.
 
Lembrade que os cursos iniciais, para os que non é necesario contar con coñecementos previos, son o A1-A2 en liña e o A1 presencial. Para o resto de cursos é necesario completar o nivel anterior.
 
Adiantámosvos tamén que a finais de ano publicaremos a oferta formativa xa para 2027, na que incluiremos os seguintes niveis de formación (A2 e B1.2) para que poidades manter a continuidade na aprendizaxe.
 
Todos os nosos cursos están adaptados ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e contan con profesorado Especialista en LSE, nativos/as signantes. Están dirixidos a persoas maiores de 16 anos interesadas na aprendizaxe da Lingua de Signos Española como segunda lingua, un idioma máis.
 
O prazo de matrícula para todos os cursos finaliza nos primeiros días de setembro, e en todo caso, ata esgotar o límite de prazas dispoñibles. Na folla informativa de cada curso podedes ver os detalles e prazo para cada un.
 
Para máis información, podedes contactarnos no email lsecursos@faxpg.es Animádevos a aprender Lingua de Signos!
 
 

CURSOS ONLINE

 

CURSOS PRESENCIALES

(Nivel A1 de 60 horas)

Inscripciones horario de MAÑANA

Inscripciones horario de TARDE

 

(Nivel B1.1 de 60 horas)

Inscripciones horario de TARDE

 
 

Arquivada en:
A lingua de signos española > Os nosos cursos
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Contratación de Servizos > Formación de Lingua de Signos Española (LSE)

Accesibilidad