Cookies

Novas

I Quedada de Mocidade Xorda de Galicia o 12 de xullo en Vigo

Noticia

11/06/2025

Ola, mocidade xorda de Galicia! Este vídeo é para informarvos de que o próximo día 12 de xullo temos unha nova Quedada de Mocidade Xorda, que terá lugar en Vigo. O meu compañeiro Nikolas explicaravos agora o programa.

Pero antes, gustaríame lembrarvos que, por favor, veñades con roupa cómoda e outras tres cosas importantes: bañador, toalla e crema solar. Estaredes a pensar, e por que? Explícavolo o meu compañeiro Nikolas.

Ola! Agora explícovos o programa. Quedaremos ás 12:00 h no local da AsorVigo. Ás 12:30 h dará comezo unha charla impartida por unha psicóloga xorda de Madrid, Aleluia Peña. A temática da charla será o benestar psicolóxico, físico e emocional, centrándose na educación sexual na mocidade, e terá unha duración de 2 horas entre a charla e comentarios.

Cando teñamos fame, ás 14:30 h, comeremos no local da asociación. Teremos 2 horas para comer e charlar e ás 16:30 h desprazarémonos cara á zona do porto de Vigo. E que faremos? Iremos de pesca? A un barco, á praia...? Non, iremos en motos acuáticas! Será a partir das 17:00 h. Se vos interesa, non vos perdades este vídeo de Carla.

Como vedes, estou na Ría de Vigo. Será aquí onde estaremos coas motos acuáticas, empezando o roteiro ata a ponte de Rande.

E vós preguntarédesme: ‘Cantas prazas hai?’. As prazas son limitadas. Entón, cal é a forma máis fácil de conseguir a túa praza? Cando abran as inscricións non lle deas voltas e non o penses máis, corre a apuntarche! Algo máis? Non sei… Vou preguntar a Nikolas, vale? A ver se quere engadir algo máis.

Eh, Nikolas! Está todo? Ou me falta algo?

Espera, cominme dúas cousas importantes. O prazo de inscrición: 30 de xuño. E as idades para participar: de 16 a 35 anos.
Queremos dar as grazas á Xunta de Galicia polo seu financiamento a través do programa Iniciativa Xove.

Vémonos o 12 de xullo! Animádevos a participar! Adeus!
 

 

Arquivada en:

Accesibilidad