Novas
Xuntanza de Mocidade Xorda de Galicia en setembro en Santiago
Noticia
01/09/2023
En setembro organizaremos unha nova Quedada de Mocidade Xorda. Se tes entre 16 e 35 anos, pon atención porque seguro que che interesa.
Será un encontro de dous días durante a fin de semana do 23 e o 24 de setembro en Santiago de Compostela e Padrón
A temática será de aventura e saúde: o sábado divertirémonos facendo actividades como circuítos multiaventura, tirolesa, tiro con arco... E o domingo teremos talleres sobre os beneficios do deporte na saúde física e mental.
Animádevos a participar! A actividade é totalmente gratuíta grazas á colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia a través do programa Iniciativa Xove.
As prazas son limitadas, podedes apuntarvos cubrindo o formulario que atoparedes xunto a este vídeo. O prazo de inscrición finalizará o 5 de setembro ou ata esgotar o límite de prazas dispoñible. Non vos perdades a oportunidade! Será unha experiencia xenial!

Arquivada en:




