Cookies

Novas

XIX Encontro de Voluntariado, Persoas Xordocegas e Persoas Xordas en risco de exclusión social

Noticia

01/09/2023

O noso Servizo de Voluntariado organiza en setembro o seu 19º Encontro de voluntariado, persoas xordocegas e persoas xordas en risco de exclusión social en colaboración coa Asociación de Personas Sordas de Ourense (APSOU).

Nesta ocasión terá lugar en Allariz e será en fin de semana, o sábado 16 e domingo 17 de setembro. No programa haberá actividades durante os dous días: o sábado, piscina e equitación dacabalo, e o domingo, praia fluvial ou paseo pola natureza. Compartiremos o aloxamento e facilitaremos o desprazamento aos e as participantes desde diferentes lugares de Galicia. Será unha oportunidade perfecta para compartir tempo de lecer e experiencias xuntos/as.

Este Encontro está dirixido a persoas voluntarias e beneficiarias do noso Servizo de Voluntariado. As persoas interesadas en apuntarse deben contactar coa súa SAPS de referencia antes do 4 setembro. Animamos a todas as persoas beneficiarias e voluntarias do Servizo para participar!

 

Arquivada en:

Accesibilidad