Novas
Comeza a Campaña da Renda 2025: Lembra marcar a X Solidaria!
Noticia
07/04/2026
Un ano máis, ábrese a Campaña da Renda, que comeza este mércores 8 de abril. Con este motivo, as entidades sociais de toda Galicia unímonos para pedirvos a vosa colaboración marcando a asignación do IRPF para Fins Sociais: a X Solidaria.
A recadación que se obtén a través da X Solidaria destínase a financiar proxectos sociais moi importantes para mellorar a calidade de vida de moitas persoas: persoas con discapacidade, maiores, infancia, persoas en risco de exclusión, etc.
Lembrade que marcar a X Solidaria non significa pagar máis impostos nin que te devolvan menos diñeiro. E ademais, aínda que tamén marques a “X” no recadro de Iglesia Católica, podes marcar igualmente a X Solidaria e así a asignación será dobre, sen que che custe nada.
Grazas ao financiamento obtido a través da X Solidaria, na FAXPG desenvolvemos 16 proxectos dos que se beneficiaron de forma directa preto de 1.200 persoas en toda Galicia. Por iso é tan importante a vosa colaboración un ano máis, para que o ano que vén tamén poidamos seguir ofrecéndoos.
Lembrade revisar o voso borrador antes de confirmalo, para asegurarvos de que os vosos impostos se destinan a entidades sociais como a nosa. Animádevos a marcar a X Solidaria!

Arquivada en: