Cookies

Novas

Voluntariado ambiental inclusivo no Parque Natural de Corrubedo en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Noticia

31/08/2026

Gustaríache facer voluntariado ambiental? Este ano por primeira vez organizamos un encontro de voluntariado ambiental inclusivo dirixido a persoas xordas grazas ao convenio de colaboración que mantemos desde a FAXPG coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
 
Será o domingo 20 de setembro no Parque Natural de Corrubedo, e as actividades da xornada centraranse na preservación, limpeza e conservación da zona, contando con monitores especializados e Intérprete de LSE.
 
Ás 10.30 h reunirémonos no Centro de Recepción de Visitantes e ás 11.00 h comezaremos a actividade, que terá unha duración aproximada de dúas horas.
 
As inscricións poden realizarse a través do formulario xunto a esta noticia, ata o 11 de setembro. Se tedes calquera dúbida, podedes contactarnos a través do email accesibilidad@faxpg.es.
 
Animádevos a participar e desfrutar desta oportunidade para facer voluntariado ambiental!
 


Arquivada en:

Accesibilidad