Cookies

Novas

Visitas accesibles en LSE ao Museo de Pontevedra

Noticia

20/03/2026 | Pontevedra

Informámosvos de que, un ano máis, colaboramos co Museo de Pontevedra, que ofrecerá visitas guiadas accesibles con Intérprete de Lingua de Signos Española de forma totalmente gratuíta.

Para gozar destas visitas accesibles é necesario reservar previamente con 15 días de antelación a través da dirección de correo educacion.museo@depo.gal indicando:
  • Data e hora da visita.
  • Tipo de visita (xeral ou unha parte concreta).
  • Número de persoas que van realizar a visita.
  • Nome dunha persoa de contacto.
O Museo de Pontevedra alberga unha gran e heteroxénea colección e organiza anualmente varias exposicións temporais. Animámosvos a que aproveitedes esta oportunidade.
 
 


Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Contratación de Servizos > Accesibilidade

Accesibilidad