Cookies

Novas

Visita institucional no marco da colaboración coa Xunta de Galicia para a accesibilidade dos Parques Naturais de Galicia 2026

Noticia

22/09/2026

No marco da colaboración que mantemos coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia para facer accesible en lingua de signos a información sobre espazos naturais galegos, a semana pasada visitamos o Monumento Natural Praia das Catedrais xunto á Directora Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, Marisol Díaz, ao Subdirector Xeral de Espazos Naturais, Tomás Fernández-Couto e a un representante da Delegación Territorial da Xunta en Lugo.

No roteiro guiado participaron tamén representantes das nosas asociacións afiliadas, a quen agradezo a súa presenza.

Compartímosvos a continuación algunhas imaxes da visita e animámosvos a visitar a páxina web oficial dos Parques Naturais de Galicia na que poderedes atopar información en LSE sobre estes espazos.


Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Contratación de Servizos > Accesibilidade

Accesibilidad