Cookies

Novas

Taller sobre medidas de protección a vítimas de violencia de xénero para mulleres xordas

Noticia

14/11/2025

Achégase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e con este motivo nosas traballadoras sociais do Servizo de Atención a Persoas Xordas (SAPS) prepararon un taller de debate dirixido especificamente a mulleres xordas, baixo o título “Medidas de protección a mulleres vítimas de violencia de xénero”.

Desenvolverase nos próximos días nas nosas Axencias FAXPG da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo, nas datas e horarios que podedes atopar na táboa xunto a esta noticia.

Este taller forma parte das accións que desenvolvemos este ano para favorecer o empoderamento feminino e a prevención de violencia de xénero con mulleres xordas, e que é posible grazas á colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Se estades interesadas en participar, non dubidedes en contactar con SAPS da vosa Axencia FAXPG máis próxima para inscribirvos.
 
17 de novembro 11:00       Axencia Lugo
18 de novembro 17:00       Axencia Santiago
18 de novembro 11:00       Axencia Vigo
18 de novembro 11:00       Axencia Ferrol
25 de novembro 11:00       Axencia Ourense
27 de novembro 11:00       Axencia Coruña
 

Arquivada en:

Accesibilidad