Cookies

Novas

Talleres preventivos sobre igualdade e prevención de violencia de xénero dirixidos a mulleres xordas

Noticia

30/06/2026 | Galicia

O noso SAPS (Servizo de Atención a Persoas Xordas) está a desenvolver durante este ano unha serie de talleres de prevención dirixidos a mulleres xordas co obxectivo de facilitar a identificación das distintas formas de violencia de xénero e ofrecerlles información clara sobre como actuar e onde solicitar axuda se o necesitan.
 
As temáticas dos talleres son as seguintes:
 
1. Relacións sas e igualdade.
2. Condutas de control nas relacións.
3. Tipos de violencia de xénero.
4. Identificación de situacións de risco.
5. Recursos e acceso á axuda.
6. Redes de apoio e fortalecemento privado.
 
A participación é aberta a calquera muller xorda interesada neste tema, e as actividades combinan:
  • Presentación de situacións ou historias baseadas en experiencias cotiás.
  • Dinámicas de reflexión grupal.
  • Análise de casos prácticos.
  • Debates guiados.
  • Actividades visuais de identificación de condutas.
 
A través deste enfoque favorécese a participación activa das mulleres e a identificación temperá de posibles situacións de control ou violencia, á vez que permite abordar o tema nunha contorna segura e non estigmatizante.
 
A iniciativa é posible grazas á colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o Ministerio de Igualdade no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
 
Mostrámosvos a continuación algunhas imaxes dos mesmos. Se estades interesadas en participar nos próximos talleres, non dubidedes en contactar co noso SAPS.
 

Arquivada en:

Accesibilidad