Novas
O Concello da Coruña contribúe ao mantemento do noso Servizo de Intervención Social
Noticia
10/11/2025
Un ano máis, o Concello dá Coruña contribuíu cunha subvención específica para o mantemento na Coruña do noso Servizo de Intervención Social, dirixido a persoas xordas, xordocegas ou con discapacidade auditiva e integrado no noso SAPS (Servizo de Atención a Persoas Xordas).
Trátase dun servizo esencial que ten como finalidade favorecer o desenvolvemento persoal e a autonomía das persoas usuarias, xerando condicións favorables para a súa participación no ámbito socio-familiar e comunitario. Para iso, conta cunha traballadora social que ofrece atención na Axencia FAXPG da Coruña.
Agradecemos contar un ano máis coa colaboración do Concello para o sostemento deste servizo.

Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Servizos Gratuitos > Servizo de Atención a Persoas Xordas (SAPS)