Servizo Galego de Apoio á mobilidade ( SGAMP): 065
Finalidade:
Poñer a disposición das persoas con discapacidade ou persoas en situación de dependencia que teñan recoñecida a imposibilidade de utilizar o transporte público colectivo, un transporte adecuado para facilitarlles a súa mobilidade.
Favorecer o acceso aos servizos e recursos que faciliten a promoción da autonomía persoal dos beneficiarios, así como a súa participación na contorna habitual.
Prestacións:
Acudir a consultas médicas do sistema público e concertado ou das mutualidades de funcionarios públicos, cando o desprazamento non sexa competencia do sistema sanitario, e sempre que exista unha confirmación de cita previa para acudir á consulta.
Traslados aos centros asistenciais do sistema galego de servizos sociais que, prestando servizo de aloxamento, de carácter permanente ou temporal, non dispoñan de servizo de transporte.
Acudir a programas ou actividades que se presten prioritariamente en centros do sistema galego de servizos sociais que conten con financiamento público, e que non dispoñan de servizo de transporte.
Asistir a actividades de carácter educativo e formativo que favorezan a integración laboral e a promoción da autonomía persoal, cando o desprazamento non sexa competencia do sistema público educativo.
Asistir a actividades relacionadas co coidado persoal, tanto a nivel terapéutico como rehabilitador.