Cookies

Axenda de Actividades

© Anpanxoga | 06/11/2025 | Ruta accesible en familia

Roteiro accesible en familia - 22 de novembro

Actividades

22/11/2025 - | Fragas do Eume

Anpanxoga organiza unha actividade para familias con menores xordos na natureza, cun roteiro guiado polo Parque Natural Fragas do Eume.

Ademais do roteiro, que contará cun guía do parque e ILSE, haberá unha comida con menú pechado nun restaurante.

Prezo: 25€ adultos e 15€ nenos (máis información no formulario): https://forms.gle/kXLJ6MvQHUqq5yTB9
 
Inscricións ata o 17 de novembro.
 
Lugar: Parque Natural Fragas do Eume. https://share.google/Lx39aMfM0lSI2BdQY

Hora: 10:30 h

Más información contactando con Anpanxoga no 643 00 29 35 ou por email a info@anpanxoga.es

Esta actividade é accesible en LSE grazas ao convenio de colaboración entre a FAXPG e a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para a accesibilidade dos Parques Naturais de Galicia. 
Lugar de celebración

Lugar de celebración:
Parque Natural Fragas do Eume

Arquivada en:
As persoas xordas > Axencias FAXPG > 8. Asociación Galega de Familias con Membros e Rapazada Xordos ou con Discapacidade Auditiva (ANPANXOGA)

Accesibilidad