Novas
Así foi nosa Xornada Do Nadal de Familias 2025
Noticia
17/12/2025
O pasado sábado celebramos a nosa Xornada Do Nadal de Familias en Santiago, na Cidade da Cultura de Galicia. Foi un día moi emocionante no que puidemos gozar dunha chea de actividades en familia e no que participaron máis de 60 persoas.
Para comezar a xornada, tomamos un chocolate con churros de benvida e gozamos dun divertido taller de manualidades en familia.
Seguimos coa entrega de premios do V Concurso Infantil de Postais Do Nadal que organizamos en colaboración con Anpanxoga. Para a entrega contamos ademais coa presenza do Director Xeral de Familias da Xunta de Galicia, Jacobo Rey.
Para terminar, recibimos a visita de Papá Noel e celebramos as badaladas de fin de ano.
Finalizada a xornada, algunhas familias continuaron compartindo tempo e actividades xuntas para aproveitar o día e fomentar o contacto entre os nenos/as.
Queremos dar as grazas a todas as familias participantes, ás autoridades que nos acompañaron, e tamén ás presentadoras do evento, Isabel e Amparo.
Mostrámosvos algúns momentos da xornada.

Arquivada en: