Novas
Resumo do XXII Encontro de Voluntariado, Persoas Xordocegas e Persoas Xordas en risco de exclusión social
Noticia
16/09/2026
O noso Servizo de Voluntariado organizou a pasada fin de semana o seu XXII Encontro de Voluntariado, Persoas Xordocegas e Persoas Xordas en risco de exclusión social.
Nesta ocasión celebrouse en Pontevedra. Participaron máis de 40 persoas entre voluntarias e beneficiarias, que puideron desfrutar de actividades lúdicas como un percorrido en bicicleta pola cidade de Vigo, ou unha visita a un parque multiaventura en Sanxenxo.
O encontro contou co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e tamén coa colaboración de Discamino e a Asociación Alento.
Como sempre, queremos agradecer aos nosos voluntarios e voluntarias o seu esforzo, facendo posible a realización destes encontros que permiten ás persoas xordocegas e persoas xordas en risco de exclusión social desfrutar de actividades grupais accesibles.
Grazas a todos/as pola vosa participación!
A continuación podedes ver algunhas imaxes do encontro.

Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Servizos Gratuitos > Voluntariado