Novas
Resumo do XVIII Encontro da Muller Xorda Galicia
Noticia
04/03/2026 | A Coruña
O pasado sábado 28 de febreiro celebramos o XVIII Encontro da Muller Xorda de Galicia que este ano tivo lugar na Coruña, organizado pola FAXPG e Aspesor, e no que participaron preto de 50 persoas.
O evento estivo conducido pola referente de igualdade da nosa xunta directiva, Ruth Lovera, e na apertura institucional interviñeron a directora xeral de promoción dá igualdade da Xunta de Galicia, María Quintiana; a nosa presidenta, María Alonso, e a presidenta de Aspesor, Beatriz Barreiro.
Durante a apertura incluíuse un minuto de silencio en memoria da muller e nena xordas asasinadas recentemente en Xilxes.
A continuación deu comezo o taller formativo “Síndrome da impostora xorda, por que nos afecta?” dirixido por Alba Prado, coordinadora de políticas de igualdade da CNSE. Foi unha formación moi interesante e participativa na que interviñeron tanto mulleres como homes.
Ao mediodía as participantes gozaron dunha comida informal xuntas, e pola tarde a actividade trasladouse ao local da Aspesor, onde se proxectou un vídeo con momentos dos encontros anteriores e abriuse un enriquecedor debate entre todos/as sobre como organizar os futuros encontros.
Desde a FAXPG queremos agradecer á Aspesor a súa colaboración para a organización deste encontro tan importante; e tamén dar as grazas a Alba Prado e María Quintiana, e a todas as socias e socios que participaron na xornada.
A continuación deixámosvos cun resumo en vídeo do día.

Arquivada en: