Novas
Así celebramos o Día Internacional das Persoas Xordas 2026 na Coruña
Noticia
29/09/2026
Como cada ano, o último sábado de setembro celebramos o Día Internacional das Persoas Xordas reivindicando os nosos dereitos. Esta vez fixémolo/fixémoso na cidade da Coruña xunto á Asociación de Persoas Xordas da Coruña (Aspesor). O lema nesta ocasión foi o elixido desde a WFD: “Reivindicando os dereitos humanos das persoas xordas”.
A xornada comezou cunha marcha reivindicativa acompañada do grupo de batucada “Dávos cana” polas rúas da cidade ata chegar á praza de María Pita, onde tivo lugar a lectura do manifesto e intervención das autoridades invitadas. Participaron en representación da Xunta de Galicia, Begoña Abeijón, Directora Xeral de Discapacidade, e por parte do Concello dá #o Coruña Nereida Canosa, Concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade.
Pola tarde renováronse as actividades cun roteiro turístico pola cidade para coñecer a súa historia.
Queremos trasladar o noso agradecemento a todas as persoas que nos acompañastes na celebración. En especial, agradecer á Aspesor a organización dos actos, a todas as nosas asociacións afiliadas a súa presenza, e por suposto, tamén ás autoridades e colaboradores/as que estiveron presentes.
Deixámosvos a continuación cun vídeo resumen da xornada.

Patrocinio da Xunta de Galicia - Consellería de Política Social e Igualdade, Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Arquivada en: