Cookies

Novas

Renovamos a nosa colaboración coa Xunta de Galicia para a accesibilidade en LSE a eventos institucionais

Noticia

10/06/2026

Actos institucionais e eventos organizados pola Xunta de Galicia contarán un ano máis con accesibilidade en Lingua de Signos Española grazas á colaboración da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia.

Este mércores reunímonos co Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes Diego Calvo con motivo da próxima celebración do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas para dar visibilidade a este acordo que promove a presenza de Intérpretes de LSE en actos institucionais de interese xeral ou dirixidos a colectivos específicos en todas as áreas da administración da Xunta de Galicia.

Agradecemos á Xunta a renovación deste convenio tan necesario para facilitar a accesibilidade e participación social das persoas xordas.
 

Arquivada en:

Accesibilidad