Cookies

Novas

Renovamos a nosa colaboración coa Cidade da Cultura de Galicia para fomentar a accesibilidade no seu programa de actividades

Noticia

19/01/2026

Un ano máis, a Cidade da Cultura de Galicia renovou o seu compromiso coa FAXPG para fomentar a accesibilidade e inclusión das persoas xordas na súa programación de actividades durante os próximos dous anos.

No acto de firma do convenio, que tivo lugar na mesma Cidade da Cultura, participaron a nosa presidenta María Alonso acompañada do coordinador da nosa área de accesibilidade, Miguel Dorado, ademais de Ana Isabel Vázquez, directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Desde a FAXPG queremos dar as grazas á Fundación Cidade da Cultura de Galicia pola súa aposta pola accesibilidade e a confianza na nosa entidade para continuar colaborando xuntas na adaptación de contidos para as persoas xordas.

Mostrámosvos imaxes do acto.
 

Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Contratación de Servizos > Accesibilidade

Accesibilidad