Cookies

Novas

Renovamos a nosa colaboración coa Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para a accesibilidade aos parques e espazos naturais de Galicia

Noticia

02/06/2026

A Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático Ángeles Vázquez visitounos esta semana para selar a colaboración coa nosa entidade un ano máis e continuar avanzando na accesibilidade aos parques e espazos naturais de Galicia.
 
A través do convenio asinado, realizaranse diferentes accións co obxectivo de facilitar ás persoas xordas o acceso á información e a organización das visitas a estes espazos naturais.
 
No marco deste acordo, impartiremos formacións de lingua de signos ao persoal da Consellería vinculado a patrimonio natural e a parques e espazos naturais. Ademais, continuaremos realizando adaptacións a LSE da información e vídeos promocionais que se realicen sobre estes lugares, facilitando o seu acceso de forma rápida e útil desde os propios parques naturais ao incorporarse cartelería con códigos QR en lugares de interese.
 
O mesmo que en anos anteriores, esta colaboración permitirá tamén visitar os diferentes Parques Naturais de Galicia con Intérpretes de Lingua de Signos Española, alén do propio monitor/a do Servizo de Parques Naturais.
 
E como novidade, este ano inclúese a posibilidade de realizar voluntariado inclusivo nestes espazos naturais.
 
Agradecemos á Conselleira a súa proximidade, interese e apoio, e mostrámosvos a continuación algunhas imaxes do encontro.
 
Animádevos a coñecer os diferentes parques naturais de Galicia e desfrutar de visitas accesibles!
 

Banner Museos

Arquivada en:

Accesibilidad