Novas
Servizo de Atención ao Cliente de Renfe a través de videollamada
Noticia
17/04/2026
Compartímosvos a información de Renfe sobre o seu servizo de atención ao cliente a través de videollamada en Lingua de Signos Española. Trátase dun servizo que comezou a funcionar hai meses pero que moitas persoas xordas aínda descoñecen. Con este motivo, desde Renfe solicitáronnos colaboración para a súa difusión. A continuación explicámosvos o seu funcionamento.
Trátase dun servizo de atención ao cliente directamente en LSE. Pódese acceder a el desde a páxina web de Renfe, na sección de “Axuda”, baixando e seleccionando a opción “Servizo de videollamada para persoas con discapacidade auditiva”.
Polo momento está dispoñible de luns a venres en horario de 8 da mañá a 12 da noite, e permite realizar consultas, solicitar información sobre horarios e traxectos, así como comprar, cambiar ou anular billetes, entre outras xestións.
Desde a FAXPG aplaudimos a iniciativa de Renfe para facer o seu servizo ao cliente accesible ás persoas xordas, e esperamos que sirva como modelo para que máis empresas incorporen ferramentas de atención en LSE como esta.

Arquivada en: