Cookies

Axenda de Actividades

Recepcións de Papá Noel en Marineda City accesibles en LSE - 23 decembro 

Evento accesible

23/12/2025 - | A Coruña

O centro comercial Marineda City da Coruña recibirá durante este Nadal a visita de Papá Noel e haberá sesións accesibles para nenas e nenos xordos/as.
 
O martes 23 de decembro organizarase unha recepción cun Papá Noel xordo para contactar directamente en LSE, e o resto de recepcións durante a tarde serán accesibles a través de Intérpretes de LSE do noso SILSE-GI. 
 
Horario da recepción do Papá Noel xordo:
14:00 a 15:00 h na Sala Amigable (planta 2)
 
Horario das recepcións accesibles con ILSE:
17:00 a 18:00 h na Sala Amigable (planta 2)
 
18:00 a 21:00 h na praza Emilia Pardo Bazán (planta 0)
 
 
Lugar de celebración

Lugar de celebración:
Marineda City

Arquivada en:

Accesibilidad