Novas
Quedada de Mocidade Xorda de Galicia o 21 de xaneiro en Santiago
Noticia
10/01/2023
Ola a todos/as! Se tes entre 16 e 35 anos, temos unha noticia para ti:
O sábado, día 21 de xaneiro imos celebrar un encontro en Santiago. Será no local da APSSC e poderedes chegar a partir das 12:00 h.
Ás 12:30 h haberá un foro no que poderedes dar a vosa opinión sobre as actividades que queredes facer este ano e facernos chegar calquera tipo de suxerencia ou petición.
Despois do foro comeremos todos xuntos/as. Non teredes que pagar a comida, será gratis.
Ao terminar a comida, organizaremos un torneo de futbolín e outro de dardos. Seguro que nolo pasaremos xenial!
Podedes apuntarvos ata o día 19 de xaneiro. Animádevos a participar! Temos ganas de vervos a todos/as.
Arquivada en:




