Cookies

Novas

Renovamos o noso proxecto de atención a mulleres xordas en situación de especial vulnerabilidade

Noticia

04/06/2026

Un ano máis, puxemos en marcha unha nova edición do “Programa de recursos especializados dirixido a mulleres xordas en situación de especial vulnerabilidade en Galicia” desenvolvido polo noso SAPS, Servizo de Atención a Persoas Xordas.

Este proxecto ten como obxectivo mellorar as habilidades das mulleres xordas especialmente vulnerables para conseguir unha mellor integración social e/o laboral, a través do acceso a servizos sociais especializados, garantindo a súa participación en todo o proceso de intervención. Este obxectivo lévase a cabo a través de actuacións de orientación, asesoramento e información a nivel social e psicolóxico, accións de mediación intercultural e/o familiar e actuación de formación en competencias dixitais básicas.

O programa desenvólvese entre setembro de 2025 e agosto de 2026 e actualmente participan 45 mulleres xordas de diferentes zonas de Galicia, ás que atendemos tanto as Axencias FAXPG como mediante desprazamentos a zonas rurais.

Todas estas accións son posibles grazas ao financiamento da Xunta de Galicia e á cofinanciamento do fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, obxectivo específico ESO4.8 e medida 2.H.03 Programa de atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

 

Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Servizos Gratuitos > Servizo de Atención a Persoas Xordas (SAPS)

Accesibilidad