Cookies

Novas

Programa do XXII Encontro de Voluntariado, Persoas Xordocegas e Persoas Xordas en risco de exclusión social

Noticia

30/07/2026

O noso Servizo de Voluntariado FAXPG organizará en setembro o 22º Encontro de Voluntariado, Persoas Xordocegas e Persoas Xordas en risco de exclusión social.
 
Será en Pontevedra, o sábado 12 e domingo 13 de setembro.
 
No programa haberá actividades de lecer para compartir xuntos/as: desfrutaremos de actividades nun parque multiaventura, daremos paseos en bicicleta en colaboración con DisCamino, xogaremos e compartiremos experiencias. Xunto a esta noticia, atoparedes o programa provisional con máis detalles e horarios das actividades.
 
O aloxamento será no Centro Príncipe Felipe de Pontevedra e facilitaremos o desprazamento en bus aos e as participantes desde diferentes lugares de Galicia. Será unha oportunidade perfecta para compartir tempo de lecer e novas experiencias.
 
Este Encontro está dirixido a persoas voluntarias e beneficiarias do noso Servizo de Voluntariado. O custo total de participación será de 35€ (todo incluído) para as persoas beneficiarias, e para os voluntarios/as será completamente gratuíta.
 
As persoas interesadas en apuntarvos poderedes facelo no formulario xunto a esta noticia antes do 19 de agosto. Animamos a todas as persoas beneficiarias e voluntarias do Servizo para participar!
 


 

Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Servizos Gratuitos > Voluntariado

Accesibilidad