Cookies

Novas

Programa do XVII Encontro da Muller Xorda de Galicia – Sábado 8 de marzo en Vigo

Noticia

10/02/2025

Un ano máis, con motivo do Día Internacional da Muller, celebraremos o XVII Encontro da Muller Xorda de Galicia.

Estará organizado pola FAXPG e ASORVIGO, e será o sábado 8 de marzo en Vigo, con actividades durante todo o día que vos explicamos a continuación.

Pola mañá, darémonos cita no Museo Verbum ás 10:00 h. Tras a benvida e intervención de autoridades haberá unha charla baixo o título “Consentimento e feminismo: entender, reflexionar e actuar” a cargo de Begoña Lorenzo e Camiño Muñiz-Alique, e a continuación un descanso breve para finalizar a mañá cunha actividade de Kahoot.

Todas as actividades da mañá son de acceso libre para socios e socias, aínda que se dará prioridade de participación ás mulleres ao haber #aforo limitado.

A partir de mediodía, a xornada continuará con actividades específicas para mulleres. Ás 13:30 h un bus realizará o traslado ao restaurante Peregrinus onde se celebrará unha comida. Xa pola tarde, haberá unha excursión en barco que comezará ás 16:30 h e ao finalizar, as mulleres participantes poderán seguir compartindo tempo libre na asociación desde as 19:30 h.

Xunto a esta noticia atoparedes o programa completo. Todas as actividades son gratuítas fóra da comida, que terá un custo de 25 €. As inscricións poden realizarse a través da ligazón que vos deixamos a continuación, o prazo finaliza o vindeiro xoves 20 de febreiro ás 14:00 h.

Prioridade de inscrición: As persoas que xa realizasen o pago do restaurante terán prioridade para inscribirse no bus e o barco, debido ao límite de aforo.

Animámosvos a que vos inscribades canto antes. Vémonos en Vigo!
IMPORTANTE: Información sobre o restaurante e a comida.

Restaurante Peregrinus: Rúa Urzáiz 5, 36201, Vigo.  O prezo é de 25 € (anéxase o menú)

Para confirmar a asistencia, é necesario realizar o pago por transferencia indicando "Atopo Muller Xorda + o teu nome e apelidos" ao número de conta: ES86 2080 5000 6730 4007 2985.

Unha vez finalizada a inscrición, é importante enviar o xustificante de pago á dirección de correo: asorvigo@asorvigo.org

 

 

Arquivada en:

Accesibilidad