Cookies

Novas

Programa do XVI Encontro da Muller Xorda de Galicia – Sábado 9 de marzo en Lugo

Noticia

15/02/2024

Un ano máis, con motivo do Día Internacional da Muller, celebraremos a XVI Edición do Encontro da Muller Xorda de Galicia.

Estará organizado pola FAXPG e ASORLU, e será o sábado 9 de marzo no Auditorio da Deputación de Lugo, en horario de tarde, desde as 16:00 ata as 20:30 h.

A continuación explicámosvos o programa da xornada.

A partir das 16:00 h farase a apertura de portas e benvida ás participantes. Ás 16:30 h terá lugar a lectura do manifesto da CNSE polo Día Internacional da Muller e a continuación farán as súas intervencións as autoridades presentes.

Ás 17:15 h darán comezo os relatorios: en primeiro lugar, Cristina Ros, psicóloga, ofrecerá unha charla co título “A muller xorda e as súas relacións”; despois será a quenda de Esther Viñas, creadora de contidos para redes sociais e que impartirá o relatorio “No mundo do deporte turquesa con lentes moradas”.

Por último, terá lugar a actuación da artista xorda Ana Senra, baixo o título “As mulleres da chama morada”, para pechar a continuación o evento, ás 20:30 h.

Xunto a esta noticia atoparedes o programa completo. Para máis información e inscricións, será necesario que contactedes coa vosa Asociación de persoas xordas máis próxima. O aforo é limitado, polo que vos animamos a que vos inscribades canto antes. Esperámosvos en Lugo!

 

Arquivada en:

Accesibilidad