Cookies

Novas

Programa de actos polo Día Internacional das Persoas Xordas 2025 en Lugo

Noticia

09/09/2025

ACTUALIZACIÓN: O programa de actos do DIPS adaptouse de forma posterior a esta noticia con motivo do luto oficial de 3 días decretado polo concello de Lugo.
 
Achégase o Día Internacional das Persoas Xordas! Como xa vos adiantamos, o sábado 27 de setembro, celebrarémolo en Lugo, organizado pola FAXPG xunto coa Asociación de Persoas Xordas de Lugo (Asorlu) que este ano cumpre o seu 50º Aniversario, e como sempre coa colaboración de todas as nosas asociacións afiliadas.
 
A continuación explicámosvos o programa definitivo despois de realizar algúns cambios.
 
Pola mañá, reunirémonos ás 11:00 h #ante a Deputación de Lugo, que será o punto de inicio da marcha reivindicativa polas rúas de Lugo a ritmo de batucada, que sairá ás 11:15 h. O destino será a Praza Anxo Fernández Gómez, onde ás 12:30 h realizarase a lectura do manifesto e intervención de autoridades, e por último, sobre as 13:00 h, terá lugar unha actuación musical cunha canción signada pola artista Ruth Lovera.
 
Pola tarde retomaremos as actividades noutra localización, pendente de confirmación. Ás 17:00 h comezaremos cunha charla a cargo de Soledad Zapardiel baixo o título “Adultismo, normalizalo ou denuncialo como violencia?”. Durante a charla ofrecerase servizo de monitor/a para os nenos/as de 6 a 13 anos, para o que é necesario apuntarse previamente contactando coa súa asociación de referencia.
 
Tras a charla, ás 18:30 h, haberá unha actividade de teatro participativo, e como peche á xornada, ás 19:30 h realizarase o acto de clausura.
 
Non dubidedes en acompañarnos para celebrar esta data tan especial vémonos en Lugo o 27 de setembro!
 


Patrocinio da Xunta de Galicia - Consellería de Política Social e Igualdade, Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade

Arquivada en:

Accesibilidad