Novas
O noso proxecto de clases de LSE en centros educativos con alumnado xordo é finalista dos Premios Inocente 2026
Noticia
04/05/2026
Hoxe temos unha noticia importante que nos fai moita ilusión comunicarvos: somos finalistas dos Premios Inocente 2026!
Pero para conseguilo necesitamos a vosa colaboración: temos que conseguir 3.000 votos en 4 días. Axudádesnos?
Cada ano, a Fundación Inocente Inocente convoca estes premios para impulsar diversos proxectos sociais infantís apadriñados por famosos e famosas. Este ano, desde a FAXPG participamos cun vídeo no que presentamos o noso proxecto de clases de LSE para os compañeiros e compañeiras en centros con alumnado xordo, que está apadriñado pola presentadora Carolina Iglesias, coñecida en redes sociais como Percebes e Grelos.
Para votar, debedes acceder á páxina web fundacioninocente.org. Alí seleccionades o noso vídeo e escribides o voso correo electrónico. Despois recibiredes un correo automático para confirmar o voso voto. Facedes clic na confirmación, e listo!
Deixámosvos a ligazón no texto a continuación:

Moitas grazas polo voso apoio!
Arquivada en: