Cookies

Eduación e desenvolvemento social

 

Os nenos e novos xordos terán acceso a unha educación de maior calidade coa presenza de novos perfís profesionais en determinados centros educativos que actuarán de modelos de identificación lingüísticas, o que mellorará o seu rendemento académico.
 
Os docentes dos centros educativos con alumnado xordo mellorarán a súa metodoloxía de ensino tras coñecer outras experiencias educativas bilingües.
 
O alumnado xordo reforzará a súa identidade como grupo sociolingüístico, de forma que non sentan illados como persoas xordas.
 
As familias de persoas xordas dispoñerán de espazos e tempo para compartir e para reforzar a súa autoestima.
 
As persoas xordas participarán con máis frecuencia na vida cultural e social de Galicia, con máis actividades accesibles e unha maior sensibilización sobre os seus dereitos e necesidades.
 
Para o devandito ámbito, os OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE vinculados serán os seguintes:
 
ODS 3: Saúde e benestar.
ODS 4: Educación de calidade.
ODS 10: Redución das desigualdades.
ODS 11: Cidades e comunidades sostibles.
ODS 16: Paz, xustiza e institucións sólidas.
ODS 17: Alianzas para lograr os obxectivos.

 
      Imprimir
Accesibilidad