Ámbito sanitario e servizos de dependencia
As persoas xordas poderán acceder á atención médica pública sen tantas dificultades de comunicación, o que reducirá a ansiedade e #o #estrés asociados a visitas médicas e hospitalarias, aumentando o seu benestar.
As persoas maiores xordas de ámbito urbano poderán acceder aos servizos de dependencia adaptados ás súas necesidades, o que permitirá unha mellor calidade de vida e evitará situacións de illamento social e comunicativo ou desatención.
Para o devandito ámbito, os OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE vinculados, aos que daremos resposta, serán os seguintes:
ODS 3: Saúde e benestar.
ODS 10: Reducción das desigualdades.
ODS 11: Cidades e comunidades sostibles.
ODS 16: Paz, xusticia e institucións sólidas.

