Novas
Novas oficinas de turismo en Galicia accesibles en LSE a través de videointerpretación
Noticia
01/07/2026
Informámosvos da incorporación de accesibilidade a través de videointerpretación presencial en LSE en varias oficinas de turismo galegas: Ferrol, Ourense, A Coruña e Santiago. Estes novos puntos de acceso acaban de entrar en funcionamento, e súmanse ás outras 4 oficinas que xa contaban con este servizo (Vigo, Pontevedra, Lugo e Santiago), dando agora cobertura nas 7 principais cidades de Galicia, cunha oficina en cada unha delas e dúas en Santiago.
A ampliación deste servizo é posible grazas ao convenio de colaboración que mantemos coa AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) para facilitar a accesibilidade das persoas xordas a través da plataforma SVisual a diferentes servizos e teléfonos de atención á cidadanía.
Ademais, a videointerpretación presencial tamén está dispoñible en dispositivos das urxencias de hospitais públicos e PACs, e en oficinas de rexistro da Xunta de Galicia.
Podedes consultar toda a información sobre a dispoñibilidade da videointerpretación en Galicia na sección “Videointerpretación” da nosa web.

Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Contratación de Servizos > Accesibilidade