Novas
Mensaxe de Fin de Ano da presidenta da FAXPG
Noticia
30/12/2025
Ola a todos e todas.
Estamos na recta final deste ano 2025 que, como sempre, é unha oportunidade para facer balance do ano e tamén para pensar nos novos retos para o ano 2026.
Centrándonos no 2025, foi un ano positivo no que cabe destacar:

- Atención á demanda e estabilidade dos servizos.
- Difusión e visibilización do traballo da entidade nos distintos medios de comunicación.
- Novas alianzas a través de campañas en colaboración con RENFE ou o actor-humorista José Antonio Touriñán.
- Más información e espazos accesibles en LSE, especialmente no ámbito do lecer e a cultura.
- Participación e representación en congresos e reunións, destacando o II Foro Asociativo da CNSE.
- Algo que nos enorgullece é contar coa representación de 3 socias galegas nos Consellos da CNSE de Maiores, Participación de Mujeres Xordas e da CJS-CNSE.
- Alta participación nas distintas actividades asociativas coorganizadas coas asociacións afiliadas.
-
Novos eventos como o banquete de persoas maiores xordas ou o encontro do Nadal de familias con membros xordos.
Aproveito para informar sobre a pronta disolución de ANPANXOGA, á que queremos agradecer o seu labor ata a data, e comunicar que a FAXPG asume como reto recoller todo o seu traballo e proseguir na atención ás familias. - Tamén houbo momentos para celebracións especiais como foi o 50 aniversario de ASORLU, 5ª asociación que cumpre 50 anos.
Todos estes datos axúdannos a reflexionar sobre o valor do noso traballo asociativo unido, con compromisos compartidos, que orientan o noso camiño para mellorar a calidade de vida das persoas xordas e xordocegas ao que se suman, por suposto, os/as profesionais e voluntarios/as tamén.
O traballo de todos e todas nos achega cada día un pouco máis ao noso propósito como entidade: que as persoas xordas vivan nunha contorna accesible e inclusiva contando coa LSE.
Froito deste traballo, do diálogo e cooperación de todas as partes anteriores, deu lugar ao novo Plan Estratéxico que marcará a folla de roteiro para os anos 2026-2028 e que tamén estará cargado de novidades.
A todos e todas os/as Presidentes/as das asociacións, socios/as, familias, profesionais e persoas voluntarias.
En nome da xunta directiva da FAXPG e no meu propio, queremos expresarvos o noso agradecemento e desexarvos un próspero Feliz Aninovo cargado de ilusión, enerxías renovadas, desexando todo o mellor para todos/as e continuar percorrendo xuntos o noso camiño fortalecendo a rede asociativa, consolidando proxectos e seguir avanzando.
Por último, quero dar grazas aos meus compañeiros/as da xunta pola súa confianza e apoio incondicional.
Felices festas e feliz aninovo 2026.

Arquivada en: