Cookies

Axenda de Actividades

Xornada informativa IGAPE accesible en LSE - 23 de xaneiro

Evento accesible

23/01/2026 - | Ourense

Este venres celébrase unha xornada informativa gratuíta sobre as novas axudas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) dirixidas a empresas, autónomos/as e profesionais interesados en coñecer en detalle as convocatorias vixentes e o seu proceso de solicitude.

Será accesible ao contar con Intérpretes de LSE do noso SILSE-GI e poderá seguirse en modalidade en liña (a modalidade presencial anúlase por alerta meteorolóxica).

Día e hora: venres 23 de xaneiro | 9:30 horas
Lugar: Online a través de Zoom (Confederación Empresarial de Ourense, Praza dás Damas, 1)

Necesaria inscrición previa a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/rQUgfz5dSVyhcjPv7
Lugar de celebración

Lugar de celebración:
Confederación Empresarial de Ourense (Praza das Damas, 1)

Arquivada en:

Accesibilidad