Cookies

Novas

A FAXPG desenvolverá 15 programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF e o imposto de sociedades

Noticia

03/03/2026

Informámosvos de que a Consellería de Política Social e Igualdade aprobou o financiamento para o desenvolvemento de 11 programas de intervención social e 4 de investimento que realizaremos desde a FAXPG ao longo do todo este ano 2026.

Estes programas financiaranse grazas aos ingresos obtidos a través do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) mediante a “X Solidaria” e da casa “Empresa Solidaria” do imposto de sociedades, polas cales os contribuíntes e empresas destinan un 0,7% dos seus impostos a programas de interese social.

Este financiamento contribuirá á contratación de persoal de atención directa e permitiranos mellorar o noso equipamento e o das nosas asociacións afiliadas, todo iso co obxectivo de continuar mellorando os nosos servizos.

En concreto, os servizos e proxectos que se prestarán durante o ano 2026 grazas ao financiamento obtido serán os seguintes:
 
  • Intervención social.
  • Mediación comunicativa.
  • Envellecemento activo.
  • Atención psicolóxica.
  • Orientación educativa a centros, familias e alumnado xordo.
  • Incorporación da LSE en centros educativos.
  • Programa de apoio ás familias con menores xordos.
  • Intérpretes de LSE e guías-intérpretes.
  • Logopedia.
  • Formación para persoas xordas adultas.
  • Programa de emprego para mulleres rurais (Sementando futuro).
  • Acondicionamento e mellora da accesibilidade de ASPESOR.
  • Equipamento para a APSSC, ASORLU, ASORVIGO e APSOU.
  • Transformación dixital da FAXPG.
  • Adquisición de equipamento informático e materiais técnicos.
Queremos aproveitar a ocasión para dar as grazas a todas as persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda e ás empresas que marcan a casa Empresa Solidaria, xa que o seu xesto contribúe a que entidades como a nosa dispoñamos de recursos para desenvolver proxectos de interese xeral, en beneficio de todos/as.
 

Arquivada en:

Accesibilidad