Cookies

Novas

Webinario para familias “Materiais e estratexias auditivas” en colaboración con Medel

Noticia

27/10/2026

O próximo 10 de novembro, desde a FAXPG coa colaboración de MEDEL, organizamos un webinario dirixido a familias con menores xordos/as e/o con discapacidade auditiva, co obxectivo de ofrecer información e ferramentas prácticas para abordar o desenvolvemento auditivo con axudas técnicas.

A sesión será a través de Zoom ás 17.00 horas, e terá unha duración aproximada dunha hora aproximadamente.

Os contidos organizaranse ao redor de catro bloques:
  • Presentación de MEDEL: coñecer a entidade e o seu traballo no ámbito da audición e a rehabilitación auditiva.
  • Implantes e procesadores: presentación dos últimos dispositivos e os seus principais características.
  • Estratexias auditivas: aproximación a diferentes estratexias para favorecer o desenvolvemento das habilidades auditivas dos menores.
  • Materiais de apoio para docentes e familias: presentación de recursos que poidan resultar útiles tanto no fogar como na contorna educativa.
O webinario será impartido por Romina Piccione, profesional de MEDEL con ampla experiencia.  
 
A participación no webinario é gratuíta. Para asistir, será necesario cubrir o formulario de inscrición dispoñible ao cabo desta noticia.

Desde a FAXPG e MEDEL animámosvos a todas as familias interesadas a participar neste espazo de aprendizaxe e intercambio.
 


Colabora:

Arquivada en:
Programas e Servizos > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Servizos Gratuitos > Educación

Accesibilidad