Cookies

Novas

Novo grupo de discusión sobre o SILSE-GI: buscamos participantes!

Noticia

01/10/2026

Es usuario/a do noso Servizo de Intérpretes de LSE (SILSE-GI) e queres contribuír a seguir mellorando o servizo? Un ano máis, desde a FAXPG organizamos grupos de discusión para debater sobre o funcionamento dos nosos servizos e extraer propostas de mellora.

Nesta ocasión organizaremos unha sesión na que revisaremos e compartiremos experiencias e ideas para mellorar o noso SILSE-GI.

Por iso, buscamos a usuarios e usuarias deste servizo que queiran formar parte da experiencia participando nunha sesión de aproximadamente 2 horas de duración.

A reunión será o xoves 5 de novembro de 17.00 a 19.00 h na Axencia FAXPG da Coruña.

As persoas que queiran participar simplemente terán que enviar un email a tecnicocalidad@faxpg.es achegando os seguintes datos:
  • Nome e apelidos
  • Idade.
  • Sexo.
  • Email ou dirección postal.
Con todas as solicitudes realizaremos unha selección para contar con puntos de vista diferentes e contactaremos coas persoas seleccionadas.
Lembrade: tedes que ser usuarios/as do SILSE-GI.

O grupo de discusión estará dirixido por dúas persoas, a Responsable de Calidade e o Coordinador de Accesibilidade, que irán realizando preguntas xerais sobre o servizo.

A vosa participación será moi importante para identificar posibles oportunidades de mellora e seguir ofrecéndovos a mellor atención, animádevos a formar parte!

Prazo recepción de solicitudes: ata o 2 de novembro.

Arquivada en:

Accesibilidad